Fortnite estrea modo de xogo a pantalla partida

xoves, 12 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Epic Games presenta unha importante actualización de Fortnite, que como grande novidade incorpora a pantalla partida, de xeito que os usuarios de PlayStation 4 e Xbox One poden xogar en grupo parellas ou con escuadras cun amigo na mesma consola, compartindo ambos pantalla, funcionalidade que aínda está en probas, pero que pode dinamizar enormemente o xogo, levando unha experiencia propia do multixogador local tradicional a un xogo en liña.

A tenda integrada en Fortnite ten agora contidos baseados en Star Wars

Estes días tamén están a celebrar a chegada aos cines de Star Wars: El Ascenso de Skywalker, polo que ofrecen estes días traxes, alas delta, picos e xestos de Star Wars na tenda de obxectos, permitindo así que os xogadores poidan lucir a aparencia de personaxes como Finn ou Rey, así como participar nun evento especial que terá lugar o sábado ás 20:00 horas no que desvelarán unha escena en primicia do filme de Star Wars e recompensarán aos participantes cun ala delta TIE Whisper de balde.

O sábado celebrarase un evento baseado no novo filme de Star Wars

PUBLICIDADE