Fortnite xa corre a 120 fps no iPad Pro
luns, 20 de xaneiro do 2020
Unha das
tecnoloxÃas das que presumen os iPad Pro é ProMotion, que permite velocidades
de refresco en pantalla de 120 Hz, conseguindo asà desprazamentos máis fluÃdos
e un mellor funcionamento do Apple Pencil, pero nos últimos meses foron
bastantes os smartphones que tamén subiron ao carro das pantallas de alta
velocidade de refresco, con velocidades de 90 e 120 Hz, dando a entender que
2020 será o ano no que esta prestación se empregue como argumento de venda.
Pero o feito de mellorar as velocidades de refresco sen contidos que o aproveitasen
parece ridÃculo, e dá a impresión de que a industria está a adaptarse, e que
precisamente por iso a última
actualización de Fortnite para iIOS incorpore a posibilidade de
xogar a 120 imaxes por segundo no iPad Pro (2018), para o que simplemente hai
que ir á configuración da aplicación para activar esa función.
Temos asà que os desenvolvedores de videoxogos poderÃan comezar a carreira
polos fotogramas por segundo en móbiles, do mesmo xeito no que o fan tamén en
consolas e ordenadores persoais, anticipándose asà a toda unha xeración de
dispositivos que permitirán animacións máis rápidas, o que agradecen os xogadores
máis esixentes dun ritmo frenético.
Fortnite para iOS comezara funcionando a 30 imaxes por segundo, e foi
precisamente co lanzamento do iPhone Xs cando deron o salto aos 60 fotogramas
por segundo (hai pouco máis dun ano), polo que agora permitir o xogo a 120
imaxes por segundo poderÃa considerarse un momento histórico, aÃnda que na
práctica esta velocidade sexa demasiado esixente graficamente e o
propio xogo chegue a reducir a velocidade puntualmente a 90-100 imaxes por
segundo. Cómpre advertir que ao xogar a 120 imaxes por segundo o xogo
reduce o nivel dos detalles presentados en pantalla, de aà que esteamos ante
unha opción configurable, xa que hai xogadores partidarios das altas taxes de
refresco, mentres que motos outros prefiren imaxes con máis calidade e un
funcionamento máis estable.