Friendware presenta o simulador de trens, Trainz Classic

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Raquel Noya

A compañía de videoxogos Friendware vén de presentar ó a última entrega da súa coñecida serie de simuladores ferroviarios Trainz, o Trainz Classic, que é o máis potente e completo da saga e, segundo afirman os seus creadores, “tamén do mercado”.
O Trainz Classics inclúe dúas liñas ferroviarias totalmente detalladas: The Harlem Line, a liña de Nova York que recrea en tres dimensión o percorrido de Bronx nun tren rápido expreso, e a Tropical Metropolis, que traslada ós xogadores a unha cidade rodeada por mar onde deben transportar ós grupos de veraneantes ós seus hoteis de luxo da illa Boga.
O xogo permite que o usuario empregue un mando simulado para manexar o seu vehículo sobre raís dende o exterior (coma se dunha maqueta se tratase) ou poñerse ós mandos da cabina do tren e simular un percorrido real en tres dimensións pola cidade de Nova York ou as vías da illa Boga.
Asemade, a devandita ferramenta permite crear e dar vida a novos mundos virtuais persoalizados descargando da Rede contidos de balde adicionais, escenarios e obxectos.
A comunidade de Trainz tamén facilita a compartición entre distintos usuarios das novas creacións que van xurdindo en Internet.

PUBLICIDADE