GOG recupera o clásico Dino Crisis
mércores, 29 de xaneiro do 2025
Aseguran que o 87% dos videoxogos de antes de 2010 xa non están accesibles, o que motivou á creación dun programa de preservación por parte da tenda dixital de videoxogos GOG, caracterizada pola distribución sen protección anti-copia (DRM) para facilitar o acceso aos xogos a longo prazo e con liberdade para o usuario.
A través dese programa de preservación, que nos últimos tempos contribuÃu á recuperación de tÃtulos como Heroes of Might and Magic 3, os tres primeiros Resident Evil ou a primeira entrega de Diablo, achegan agora o clásico Dino Crisis e incluso a súa secuela (Dino Crisis 2), que poden adquirirse en lote para unha experiencia completa (cun prezo de 9,99 euros cada xogo e 16,99 euros o lote).
Estes xogos presentan todo o seu contido orixinal intacto, pero realizando varias actualizacións e optimizacións para garantir que os xogos poidan correr de xeito fluÃdo en equipos actuais e futuros. Con esta renovación Dino Crisis é agora compatible con Windows 10/11 e incluso é capaz de empregar funcionar en resolución 4K, con mandos modernos e sen certos erros detectados, asà como tamén se lel incorporaron novas opcións gráficas (V-Sync, corrección gamma e suavizado).
AÃnda que Dino Crisis é un xogo especialmente lembrado pola súa versión para a primeira PlayStation, onde destacaba polos seus escenarios tridimensionais, tamén deu o salto a PC no ano 2000, e preto de 25 anos despois está a garantirse a súa preservación, cun esforzo que confiemos que se realice con moitos outros tÃtulos. De feito, en GOG teñen unha Dreamlist para elixir os xogos que mellorarán no seu programa de preservación.
VÃdeo no que explican o traballo de recuperación de Dino Crisis