GZNación renova a súa páxina web
martes, 24 de xullo do 2007

- Marcos S. Pérez dirixe GZNación dende o mes de xullo
Coa chegada do verán a publicación GZNación acolleu
a un novo director, o doutor en Xornalismo Marcos S. Pérez, coñecido polas súas
colaboracións noutros medios dixitais e, especialmente, polo seu blog Zerovacas.
Este cambio de dirección foi só o adianto dos moitos cambios que agardan a esta
web que quere mellorar a súa usabilidade, asà como a variedade e orixinalidade
dos seus contidos, o que vén de concretarse coa estrea dunha nova interface, un
novo deseño da súa web realizado por Abertal,
convertendo a GZNación nun medio máis vivo, máis participativo e máis próximo ós
cidadáns galegos.
A publicación ábrese asà a que os lectores poidan enviar a súas
novas, denuncias, fotografÃas e convocatorias por correo electrónico, e tamén inaugura o espazo aberto GZDebate, no que cada
semana se debaterán temas de interese.
Nas vindeiras semanas iranse incorporando a GZNación novos colaboradores e
blogueiros que contribuirán a enriquecer os seus contidos dando maior variedade
temática dende distintas perspectivas grazas á pluralidade que busca este medio
que tamén persegue servir
de reflexo da actualidade das comarcas e concellos do rural galego,
destacando que a comunidade galega está composta por moito máis que 7 grandes
cidades.
