GZnación muda de deseño
mércores, 18 de febreiro do 2009
No verán de 2007
a publicación GZnación
estreou director e deseño web (obra de Abertal), e tras todo este
tempo non foron poucos os cambios que viviu este medio electrónico, polo que
decidiron que se reflectisen na aparencia da súa presenza en liña, e asÃ
estrean unha nova imaxe, mantendo a personalidade informativa que os
identifica.
A
nova web de GZnación conta cun deseño máis moderno e limpo, novos
contidos e unha maior estruturación das novas tanto na portada como nas
diferentes seccións, facilitando o acceso ao xornal dun xeito ordenado que
pretenden que sexa máis eficaz.
Estes cambios aÃnda non son definitivos, e nos vindeiros dÃas iranse vendo máis
modificacións, nun proceso de transformación no que se terán en consideración
as suxestións dos lectores para facer máis funcional e atractiva a web que
aspira a ser un punto de encontro para os galegos, onde poder debater e opinar.
