Galicia continúa na cola de España en uso das TIC
venres, 5 de outubro do 2007
O Instituto Nacional de EstatÃstica publicou os
resultados da súa enquisa sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2007
dando a coñecer que preto
dun millón de domicilios se conectaron á Rede no último ano, chegando asà a
6,5 millóns de fogares (o 44,6% das familias españolas), subindo tamén o número
de vivendas con ordenador (que chega ó 60,4%), aÃnda que un dos elementos máis
destacables serÃa o da penetración da banda larga, que chega xa ó 39% dos
fogares.
No tocante á Internet de alta velocidade, o 73,3% das conexións corresponderÃan
ó ADSL e o 14,9% ás redes de cables, mentres que, se miramos ós hábitos de
conexión, temos que máis de 19 millóns de españois utilizaron o ordenador nos últimos
3 meses, mentres que o número de persoas que se conectan á Internet como mÃnimo
unha vez á semana serÃa 15 millóns (o 85,3% do total de internautas).
Pero non tódolos datos que amosa o INE son positivos, pois se miramos á
comunidade galega temos un importante atraso con respecto do resto do Estado,
compartindo con Castela-A Mancha, Estremadura e a Rexión de Murcia as últimas
posicións na penetración das TIC.
Mentres a media estatal de uso de ordenadores nos últimos 3 meses é dun 57,2%,
en Galicia a porcentaxe baixa ata o 46,6% (só por detrás do 45,7% de
Estremadura) e en usuarios frecuentes da Internet estamos 10 puntos por debaixo
da media, co 34,4%.
Por outra banda, no referente á telefonÃa móbil Galicia está na preto da media
estatal, e a única comunidade que se afasta serÃa Ceuta.
