Galicia está preparada para a transición á TDT
martes, 26 de xuño do 2007
O Grupo de Traballo para o desenvolvemento da TDT
en Galicia, promovido pola SecretarÃa Xeral de Comunicación a través da
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, reuniuse esta mañá en Santiago de
Compostela para debater sobre o plan de cese de emisións da televisión analóxica
concluÃndo que todo está preparado
para a transición á televisión dixital.
O devandito plan persegue a elaboración dun marco de actuación para o cese
coordinado das emisións de televisión analóxica, garantindo a menor incidencia
posible nos cidadáns, para o que se definiron 6 proxectos de transición
vinculados ós grandes centros de Retegal en Galicia sitos en Ares, Domaio,
Meda, Ourense Leste, Páramo e Santiago-Pedroso.
Os primeiros proxectos en rematar serán os de Santiago e Ourense Leste no
primeiro semestre do 2009, sendo o último o de Páramo (Lugo) en abril de 2010,
de xeito que a nosa comunidade autónoma cumprirÃa cos prazos marcados polo
Ministerio de Industria para o apagón analóxico.
Cada un dos proxectos deberá dotar ás súas áreas de influencia dunha cobertura
de TDT que sexa, como mÃnimo, igual á que habÃa coa televisión analóxica, para
o que hai que incrementar a dotación en emisores e microemisores.
Para pór a proba a capacidade técnica dos proxectos de transición tamén se está
a desenvolver un proxecto piloto na Fonsagrada, co que se pretende adiantar o
apagón analóxico a finais de marzo de 2008.
