GaliciaDigital acadou xa os 139 beneficiarios no programa Kit Dixital
luns, 16 de marzo do 2026
A empresa GaliciaDigital (Interdix Galicia S.L.) compartiu as súas máis recentes novidades en dixitalización a nivel lucense. A empresa, con sede na praza Maior de Lugo dende a cal ofrece servizos avanzados para a pequena empresa en Galicia, acadou os 139 beneficiarios no programa Kit Dixital, segundo datos do propio programa ao 31 de decembro de 2025.
Cunha traxectoria de 1.166 días de actividade, a firma lucense combina este labor transformador das empresas (a través do Kit Dixital) cunha firme aposta pola fórmula da eficiencia e a proximidade dentro do ecosistema dixital galego. Segundo fan saber dende a dirección de GaliciaDigital, “o noso éxito é especialmente destacado na provincia de Lugo, onde asinamos 102 acordos, situándonos no top 1 dos axentes dixitalizadores con maior volume da zona”. Ademais, salientan, “a nosa presenza esténdese tamén con forza á Coruña (26 acordos) e Pontevedra (10 acordos)”.
A nivel nacional, a entidade destaca pola súa especialización en sitio web e presenza na Internet (posicionamento), “categoría na que nos situamos no top 3 dos axentes con máis acordos asinados en toda España”, sinalan, poñendo o foco nun dos seus principais activos: a axilidade. “A nosa capacidade de xestión reflíctese no noso tempo medio de resposta, de só 24 días desde a validación ata a resolución administrativa”.
Por sectores, o maior impacto concentrouse en comercio e hostalería (45 empresas beneficiadas), servizos financeiros e xurídicos (27 empresas) e micro-pemes (0-3 empregados). Estes ámbitos empresariais representan o groso da súa actividade con 95 beneficiarios.
Lembrar que o Kit Dixital é un programa de axudas do Goberno de España, subvencionado polos fondos europeos Next Generation EU dentro do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, que ten como obxectivo conseguir un avance na dixitalización de pemes e autónomos que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio. Os beneficiarios reciben unha axuda directa cuxa contía depende do volume da empresa, e que se pode empregar nun amplo abano de solucións dixitais ofrecidas por unha serie de axentes dixitalizadores adheridos, é dicir, empresas autorizadas para a prestación destes servizos.
