A Xunta destaca o labor formativo do CNTG no XXI Fórum AUSAPE 2026
mércores, 3 de xuño do 2026
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago na mesa redonda Hub tecnolóxico do XXI Fórum AUSAPE 2026, un encontro de referencia no ámbito tecnolóxico que combina contidos técnicos de alto nivel con espazos orientados á captación de talento, como o seu foro de emprego. Neste contexto, puxo en valor a importancia da formación especializada, como a que ofrece o Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia para profesionais actuais e futuros do sector das tecnoloxÃas da información, cunha programación que inclúe 151 cursos e 134 seminarios no perÃodo 2025-2026.
En materia de formación para o emprego, Lado tamén salientou iniciativas como os Bonos Talento Empresa, dotados con 2,2 millóns de euros e que acaban de abrir o prazo de solicitude. Esta liña de apoio está destinada á posta en marcha de accións formativas non regradas e de curta duración (entre 16 e 100 horas), adaptadas ás necesidades concretas de cada empresa e orientadas a reforzar os coñecementos e competencias dos seus cadros de persoal, incluÃdo o ámbito tecnolóxico. Segundo explicou, esta medida encaixa co enfoque do novo Marco Galego de Microcredenciais para o Traballo, xa en vigor, que permitirá ás empresas deseñar formación breve, práctica e certificada axustada ás súas demandas.
