Galiciadixital bota áncoras en Pontevedra
luns, 13 de setembro do 2010
O edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra vai dar
acollida, a partir de mañá martes e ata o vindeiro 21 de setembro, á exposición
itinerante Galiciadixital, que chega á cidade do Lérez cos seus contidos habituais
para facer as delicias de mozos e non tan mozos.
A SecretarÃa Xeral de Medios leva esta mostra interactiva ata Pontevedra
coa satisfacción de saber que a súa curmá, a exposición permanente con sede no Mosteiro
de San Martiño Pinario, superou este
verán as 20.000 visitas.
Ademais dos seus contidos habituais, como o tiraboleiro virtual ou o xogo Aerodeslizadores por Compostela, a
mostra contará tamén con espazos relacionados co 25 aniversario da CRTVG, onde
non faltará o XabarÃn do club máis famoso da galega.
Os veciños e veciñas da zona que decidan achegarse ata a exposición poderán
disfrutar dunha experiencia interactiva diferente á de calquera museo
convencional pois pasan de ser meros espectadores a participar na mostra de
xeito activo.
Ao igual que o viñan facendo noutras vilas galegas nas que estivo a
exposición, as persoas que visiten esta mostra de Pontevedra, poderán
disfrutar, entre outros, do xogo Aerodeslizadores
por Compostela, no que se descende pola zona histórica dunha cidade galega
virtual nun futurista aeroesbarador
desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), e do canciño Axóuxere, un robot con forma de mascota
que xoga e interactúa coa xente respondendo con xestos propios dun can de carne
e óso.
Asemade, os visitantes tamén poden converterse en tiraboleiros do
Botafumeiro da Catedral de Santiago por un dÃa grazas ao tiraboleiro virtual,
ou somerxerse nun mundo virtual a través das proxeccións en tres dimensións que
ofrece As cidades do camiño, unha
actividade na que os visitantes visualizan imaxes panorámicas de 360 graos
nunhas pantallas que colgan do teito e onde cada un pode realizar paseos
virtuais xirando a pantalla coas súas mans por aquelas cidades polas que
discorren os diversos camiños de peregrinación a Compostela.
Por outra banda, durante a súa estadÃa en Pontevedra, a
mostra acollerá unha serie de contidos encamiñados a conmemorar os 25 anos de
vida da CRTVG, como un vÃdeo que recolle diferentes momentos que marcaron o
pasado e o presente da CompañÃa, unha zona expositiva de obxectos relacionados
coa radio e a televisión e unha serie de paneis ilustrativos da historia do
ente autonómico. Tamén, grazas ao plató Chroma Key, os que o desexen poderán
converterse en presentadores de informativos, situándose nun espazo desde o que
se verán reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato.