GameStop asegura que a PS5 será retrocompatible con PS4

venres, 28 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Microsoft desvelou numerosos detalles sobre a súa vindeira xeración de consolas, pero dende Sony aínda non fixeron oficiais moitas das especificacións que moitos dan por sentadas, e adiantándose á compañía nipoa sorprenderon dende GameStop dando detalles sobre a PlayStation 5.
GameStop confirma que a PS5 poderá reproducir xogos en formato físico e dixital, que o mando da futura consola experimentou un redeseño importante (de xeito que a vibración substitúese por resposta háptica e os gatillos do mando terán resistencia adaptativa, o que suporá un maior realismo), que contará con soporte para televisores 8K, integrará almacenamento SSD, contará con capacidades de ray tracing e son 3D e, como grande novidade, será retrocompatible con PlayStation 4, de xeito que os usuarios que actualicen de PS4 a PS5 non comezarán a súa colección de xogos dende cero, senón que poderán continuar a xogar cos seus títulos actuais, o que facilitará enormemente a transición entre xeracións de consolas.

PUBLICIDADE