Gaspar Llamazares estrea avatar en Second Life

luns, 7 de maio do 2007 Marcus Fernández

O mundo virtual de Second Life atrae moitas iniciativas e incluso conta coa presenza de políticos ós que o pasado sábado se incorporou o coordinador xeral de IU, Gaspar Llamazares, que fixo unha intervención pública na que respondeu a preguntas doutros habitantes dende o Cafetón de Asturias (onde puido visitar unha exposición de carteis sobre a Guerra Civil).
O avatar de Llamazares convocou a ducias de persoas, que tiveron que abandonar o Cafetón por falta de espazo (continuando o encontro nun prado exterior) e que durou máis dunha hora e no que se trataron temas como a política social, o paro, o terrorismo ou a política internacional. Ademais, Llamazares comprometeuse a ofrecer un mitin electoral nesta plataforma virtual.
Con esta iniciativa, IU pretende achegar a súa mensaxe ós mozos e á xente máis involucrada na Rede.

PUBLICIDADE