Gears of War supera os 2 millóns de copias vendidas
luns, 18 de decembro do 2006
O xogo Gears of War
non só ten un dos mellores anuncios televisivos da historia (segundo moitos
afeccionados ós videoxogos) e é un dos xogos máis
premiados nos últimos meses, senón que tamén está a acadar un impresionante éxito de
vendas que, aÃnda que non o fan superar a marca de Halo 2, o coloca nunha posición de honra no mercado.
Tras superar o primeiro millón de copias, o xogo de moda
para Xbox 360 só tivo que agardar 24 dÃas para facerse co segundo millón, polo
que se
converte no videoxogo de nova xeración coas vendas máis rápidas. Queda
claro asà que Gears of War é un xogo
imprescindible para os usuarios da última consola de Microsoft, que poderÃa
darlle certo pulo a tal plataforma de xogo, xa que os videoxogos atractivos
normalmente son os que melloran as vendas das consolas (como aconteceu co Tetris e a Gameboy ou con Nintendogs e Brain Training con respecto á Nintendo DS).
Ademais, os
usuarios do Xbox Live Marketplace poderán recibir en breve contidos de balde
para o xogo, o que poderÃa incrementar (se é posible) o seu atractivo.