Gmail permitirá modificar a súa aparencia mediante temas

xoves, 20 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Algúns dos temas que podemos elixir como aparencia de Gmail

O servizo de correo electrónico a través de web de Google goza de moito éxito, pero a súa aparencia era bastante sobria, polo que moitos usuarios optaban por acceder á web usando engadidos para o seu navegador que permitían personalizar a súa estética, e atendendo a tal demanda o Gmail incorpora hoxe 30 temas seleccionables que non se limitan a cambiar as cores da interface, senón que tamén presentan gráficos para facer máis atractiva a presentación desta web e mesmo contan cunha versión na que se emula ás vellas pantallas de fósforo verde.
Agardan que estas posibilidades de personalización (que deberían estar accesibles nas vindeiras horas) deberían agradar a moitos tipos de usuario, xa que son moi variadas: deseños para cativos, grafiteiros, artistas, aventureiros, romáticos…