Gol inicia as súas emisións en probas
mércores, 1 de xuño do 2016
Sen previo aviso, na frecuencia anteriormente ocupada por
13TV apareceron esta mañá as emisións en probas de Gol, unha nova canle deportiva
en aberto que chega á TDT español da man de Mediapro, e que completa os cambios
na grella da TDT tras a chedada das novas canles (Be Mad, DKiss, Ten e Real
Madrid HD) que teñen como grande reto o darse a coñecer entre a audiencia, xa
que esta nova oferta audiovisual é unha completa descoñecida para o grande
público. Neste caso non se trata dunha nova adxudicación, senón do
aproveitamento dunha conexión que estaba alugada para a emisión de 13TV, canle
que conseguiu unha frecuencia de seu no último concurso de frecuencias.
No momento de escribir estas liñas están en emisión os campionatos mundial de baloncesto
sub18 de 3 contra 3 en modalidades feminina e masculina, e durante a fin de
semana emitirá o Europeo de voleibol de praia. Temos asà de volta a canle Gol, que
no seu dÃa fracasara na TDT coa súa proposta de pagamento, e que agora terá uns
contidos moito máis discretos.
