Google Analytics e Arduino centran os novos obradoiros de SmartPEME

martes, 11 de outubro do 2022 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros transformadores para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como o uso da VPN en ciberseguridade, o aproveitamento de Google Analytics e programación con Arduino.
As actividades formativas de SmartPEME desta semana comezaron este luns da man de Manuel Freire, experto en Robótica, programación e impresión 3D, que foi o encargado de impartir o obradoiro Ciberseguridade, uso da VPN, cuxo obxectivo foi fomentar o uso das VPN, por que debemos usar unha VPN, de que forma nos protexe o uso de VPN.
O martes é a quenda de Google Analytics para a toma de decisións, un taller centrado na importancia e o funcionamento desta ferramenta para poder aproveitar correctamente todas as funcións das que se pode facer uso. O obradoiro estará impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de nova mercadotecnia.
O peche da semana de obradoiros será o xoves 13 de outubro, con Programación con Arduino I. Teórico I. O obxectivo é iniciar aos presentes cunha das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, cunha serie de serie de talleres teóricos en liña e talleres prácticos para experimentar o aprendido. Esta formación componse de 4 talleres, 3 deles teóricos online e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. O curso será impartido, de novo, por Manuel Freire.

PUBLICIDADE