Google Docs incorpora un editor de presentacións
martes, 18 de setembro do 2007
A pasada semana falábamos
da inminente incorporación de Presently a Google Docs, e agora xa se
concreta esta nova funcionalidade do servizo de documentos de Google, que
engade ó seu editor de textos e follas de cálculo unha
aplicación de edición e publicación de presentacións en liña semellante ó PowerPoint (permitindo incluso a importación
de presentacións do paquete ofimático de Microsoft sempre que ocupen menos de
10 Mb).
Esta nova achega á plataforma de Google pecha
o triple play do seu servizo de
documentos, consolidándose como unha alternativa web ó Microsoft Office de
escritorio, que non só permite a edición e duplicación de ficheiros, senón que
tamén deixa compartir os nosos documentos con terceiros para uso cooperativos,
podendo traballar varias persoas simultaneamente e en tempo real no mesmo
documento.
O servizo de presentacións incluso permite a varios usuarios a unirse a
unha presentación en vivo, o que se pode combinar con Google Talk para
conversar co resto de interlocutores durante a presentación.
Este sistema tamén está incorporado en Gmail dende hai varios dÃas, de
xeito que ó recibir unha presentación por correo electrónico tamén se pode
visualizar coma presentación e non coma HTML (que era como se podÃa facer
anteriormente) o que aforra a necesidade de contar con aplicacións informáticas
instaladas para acceder a estes ficheiros.
Dende Google incluso publicaron un vÃdeo explicando as posibilidades que ten a
súa solución Google Docs:
