Google Docs xa funciona fóra de liña

martes, 1 de abril do 2008 Marcus Fernández

Google Gears é a solución tecnolóxica que permite acceder a varios dos servizos web de Google cando estamos sen conexión (coma Gmail ou Google Calendar) e mesmo a aplicacións en liña doutros fabricantes (pois ten unha API aberta) se achega agora a Google Docs, polo que o paquete ofimático de Google comeza xa a funcionar fóra de liña. Deste xeito, podemos traballar cos textos e follas de cálculo que teñamos almacenados nos servidores de Google cando non teñamos acceso á Rede e, ó volver a conectarnos, o sistema sincronizarase para que os cambios teñan efecto nos ficheiros.
Esta aplicación de Google Gears era unha das máis agardadas, de xeito que Google Docs xa pode ser unha alternativa (para usos básicos) de paquetes ofimáticos de escritorio (conservando a filosofía da Internet).
Para entender mellor o funcionamento de Google Docs sen conexión á Internet podemos ver o seguinte vídeo: