Google Earth xa se pode integrar en páxinas web

xoves, 29 de maio do 2008 Marcus Fernández

Na conferencia Google I/O anunciouse que o servizo de Google Earth xa se pode integrar en páxinas web, de xeito que os mapas tridimensionais se poden consultar dende o navegador sen ter cargar a aplicación informática de Google Earth, o que resulta especialmente práctico para páxinas web que desexen publicar contidos relativos a mapas 3D. Para acceder a estes contidos é preciso instalar un engadido que funciona en boa parte dos navegadores actuais.
Na actualidade xa había moitas webs que para facer referencia a posicións xeográficas incluía ligazóns para Google Earth (a través de ficheiros KML), e agora poderán transformarse para permitir a consulta desa información directamente dende o navegador, o que ata o momento se limitaba ao servizo de Google Maps, e webs que empregaban Google Maps para as súas propias mashups tamén poderán facer agora o propio partindo da información tridimensional de Google Earth.


Vídeo de presentación da nova API de Google Earth

PUBLICIDADE