Google Maps integra imaxes e vídeos

martes, 13 de maio do 2008 Marcus Fernández

Como xa pasaba en Google Earth, o servizo de mapas de Google vén de incorporar a posibilidade de presentar vídeos e imaxes asociados aos lugares presentados en pantalla, valéndose das funcións de xeolocalización achegados a través de Panoramio (no caso das fotografías) e de YouTube, o que supón unha interesante mellor para a acceso vía web a Google Maps.
As imaxes e vídeos aparecen nun primeiro momento na parte esquerda da pantalla cando realizamos unha busca e, no caso de picar sobre algún destes contidos, estres presentaranse sobre o mapa, para poder botar unha ollada aos lugares polos que nos desprazamos virtualmente, como se pode ver no seguinte vídeo: