Google Maps permite consultar o nivel de contaxios da COVID-19 por territorios
mércores, 23 de setembro do 2020
Nos últimos meses proliferaron as fontes de datos relativos á COVID-19 e dende
Google decidiron que era unha boa ocasión para combinar tal información cos
seus mapas, de xeito que a
partir desta mesma semana é posible visualizar unha nova capa de datos na
versión de Google Maps para iOS e Android.
A capa Datos de COVID-19 dispoñible nos mapas de Google presenta o
número de casos novos por cada 100.000 habitantes (nomeadamente a media dos
últimos 7 dÃas) achegados da Wikipedia, The New York Times e o Centro
para Sistemas de EnxeñarÃa e Ciencia (CSSE) da Universidade Johns Hopkings.
Esta información amósase como texto sobre cada rexión con datos, á vez que tal
territorio presenta unha cor que axuda a distinguir a densidade de novos casos
de xeito doado.
No caso español a información recóllese por comunidades autónomas, polo que ten
unha utilidade bastante limitada, servindo basicamente como unha ferramenta de
visualización para facerse unha idea do nivel de contaxios na nosa xeografÃa ou
nos paÃses do noso contorno, aÃnda que cómpre salientar que a capa de
visualización non ten un comportamento moi consistente, e en moitos casos
presenta diferentes datos en función no nivel de zoom que realicemos (por
exemplo, Galicia alterna entre 6,5 e 8 casos novos por 100.000 habitantes e
Madrid entre 50,4 e 59,2).
- A nova capa de Google Maps permite facerse unha idea do nivel de incidencias da COVID-19 por paÃses e comunidades autónomas