Google Maps permite denunciar a pesca ilegal en Fuerteventura
luns, 25 de xuño do 2007

- Imaxe de Google Maps na que se aprecia o uso de redes de deriva
Dende os servizos mapas de Google (tanto Google
Earth coma Google Maps)
descubríronse imaxes nas que se amosa a práctica de pesca ilegal en Canarias, o
que serviu como argumento ó partido dos Verdes para pedir á Comisión Europea
que tomase medidas ó respecto.
Foi o eurodeputado David
Hammmerstein o que consultou sobre a práctica da pesca con redes de
arrastre nos fondos de area da praia de Sotavento en Fuerteventura (como
se aprecia nas imaxes de satélite) o que está prohibido nas illas e, aínda
que sexa España quen debe velar polo cumprimento da regulación pesqueira nas súas
augas, a Comisión tamén pode realizar as súas propias inspeccións e tomar
medidas se é preciso.
Os Verdes piden así máis vixilancia ó goberno canario, así como a aplicación da
lei nos espazos mariños que “aínda
protexidos no papel, seguen agredidos a plena luz do día e dos satélites”.
