Google Moderator aparece como unha interesante plataforma para canalizar discusións
venres, 31 de outubro do 2008
O programa de hospedaxe de aplicacións nos servidores de Google comezan a dar xogo, e un dos produtos que se están a probar nos mesmos é Google Moderator, unha plataforma enfocada a preguntas e discusións sobre novas ou temáticas propostas de xeito que un usuarios que se identifique no sistema (co seu usuario de Google) pode propor un asunto, pasando a moderar a súa discusión sobre o mesmo, podendo espallar tal función a outros usuarios, o que nun principio se asemella bastante ás roldas de preguntas ao final das conferencias, pero que poderÃa chegar a converterse nunha interesante plataforma de debate e reflexión, polo que non sorprenderÃa que Google chegase a introducir este servizo no seu catálogo oficial.

