Google News achégase ós webmasters
xoves, 23 de novembro do 2006
O servizo de novas de Google está a consolidarse como ferramenta global para atopar información sobre acontecementos de actualidade, polo que os responsables de moitas webs están sumamente interesados en controlar o xeito no que Google analiza as súas páxinas para a incorporación das súas novas, o que tamén enriquecerÃa os resultados de busca, de aà que esta semana Google estree un servizo coñecido coma News Sitemaps dentro das súas Webmaster Tools que polo momento só se pode empregar para espazos en inglés e que permite ós webmasters ver as novas que aparecen en Google News, de xeito que se poden corrixir erros de indexación.
Esta nova aplicación nace pola demanda dos produtores de contidos, que pedÃan máis transparencia e control do contidos rexistrado en Google News, de xeito que asà tamén evitarán problemas como as demandas da prensa francófona en Bélxica.
