Google Reader incorpora a busca ó seu servizo de lectura de fluxos RSS
xoves, 6 de setembro do 2007
O servizo de lectura de fluxos RSS de Google mellorou
considerablemente nos últimos meses de xeito que foi gañando posicións con
respecto da súa competencia. Para non perder terreo, Google Reader vén de incorporar a
busca (funcionalidade coa que xa contaba Bloglines
hai uns meses) de xeito que fai máis doada a localización de novas de certa
antigüidade ou a agrupación de resultados, polo que amosar as entradas en blogs
e webs informativas sobre os temas que queiramos consultar está agora ó alcance
do noso navegador con só introducir unha sinxela busca empregando toda a
potencia e sintaxe de Google (ou sexa, que podemos buscar entre as nosas
subscricións RSS igual que facemos coas webs que hai na Internet).
Tamén se efectuaron leves melloras coma o feito de que o número de fluxos nunha categorÃa xa ten 3 cifras (ata o momento, cando se superaban as 100 entradas non se indicaba o número concreto das mesmas) e tamén se permite a posibilidade de agochar a barra lateral coas categorÃas das nosas subscricións.
