Google Reader xa se pode empregar en 10 idiomas

mércores, 19 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Interface de Google Reader en español

O lector de fluxos RSS de Google, tras incorporar a busca, sae definitivamente dos Google Labs e convértese nunha aplicación oficial fóra de proba e multilingüe. Agora a interface de Google Reader se pode personalizar para o seu uso en francés, italiano, alemán, inglés británico, chinés (tradicional e simplificado), xaponés, coreano e español.
Con esta medida se dará un importante pulo para a popularización desta ferramenta que en moi pouco tempo logrou situarse á altura de competidores coma Bloglines, servizo co que xa está á par en prestacións (pois xa incorporaba versión en español e busca dende hai meses).
No tocante ó número de usuarios, parece ser que Bloglines continúa a ser o líder deste tipo de ferramentas, pero Google Reader está a medrar a moita velocidade e, tralas súas últimas melloras, podería servir para achegarlle o trunfo nesta competición nos vindeiros meses.