Google Sites permite facer webs corporativas de xeito doado
xoves, 28 de febreiro do 2008

- Web de exemplo do servizo Google Sites
Google
estrea hoxe o seu servizo Google Sites, que é unha aplicación dirixida a
usuarios corporativos que permite desenvolver páxinas web, especialmente de
ámbito interno, que non se trata nun editor en liña de páxinas web, senón que
se trata dunha ferramenta para compartir contidos sen precisar do uso de
recursos externos.
Google Sites serÃa unha ampliación de
Google Apps, e está
baseada no servizo Jotspot, adquirido a mediados de 2006. Permite o
almacenamento de ata 10 Gb para usuarios de balde, existindo tamén a opción de
contratar unha versión de pago con máis capacidade e posibilidades.
O novo servizo vén a ser unha alternitiva de peso ó Microsoft SharePoint,
mesturando caracterÃsticas de wiki co resto de servizos de Google
(calendarios, documentos, follas de cálculo, calendarios, albums de Picasa e
vÃdeos de YouTube). Complétase asà o uso de Google Apps para a colaboración,
que non só destaca polo seu prezo, senón que tamén resulta tan doado de manexar
como calquera aplicación ofimática.
