Google domina o sector das buscas na Internet
martes, 12 de decembro do 2006
Dende o afamado blog de novas sobre o buscador máis popular do mundo, Google Dirson, comentan o documental Google, tras la pantalla que se emite na canle Odisea, especialmente no tocante ás estatÃsticas de uso de Google a nivel mundial, na que se aprecia que a penetración do buscador é do 59,7% a escala global, pero que particularmente achega unhas cifras abraiantes, posto que pasan dun 42% nos EE.UU. e un 75% no Reino Unido ata un 91% en Alemaña e ¡un 99% en España!
AsÃ, España é o paÃs do mundo no que ten máis éxito o buscador fundado por Brin e Page, que sumado á popularidade e YouTube lle dá a Google unha posición incomparable no mercado español.
