Google entra no nanoblogging coa compra de Jaiku
mércores, 10 de outubro do 2007
Paralelamente ós blogs, o fenómeno do nanoblogging, conformado por plataformas
coma Twitter, que permiten a difusión de mensaxes de lonxitude limitada (normalmente
a uns 140 caracteres), poderÃa comezar a ter forza, ou asà se pode interpretar ó
coñecer que Google vén de mercar Jaiku,
unha compañÃa que desenvolveu un clon de Twitter que Ãa un pouco máis aló
tecnoloxicamente.
Dende
Google aseguran que os usuarios actuais de Jaiku poderán seguir a utilizar o
servizo que lles permite contar ós seus amigos o que están a facer en cada
momento (e que funciona tanto dende o ordenador coma dende o móbil), xa que a
empresa de Mountain View o que pretende é aproveitar a súa tecnoloxÃa para
integrala nos seus servizos actuais (ou nalgún novo que poida xurdir).
Parece que a superioridade tecnolóxica de Jaiku con respecto a Twitter levou a
Google a facerse con esta plataforma de menos popularidade, pois Jaiku
ten unha mellor integración con outros servizos sociais (coma Del.icio.us,
Flickr ou YouTube) e o seu desenvolvemento está
baseado en solucións técnicas máis solventes que a empregada por Twitter (Ruby
on Rails).
