Google estrea en probas a súa nova plataforma de publicidade en vídeos

xoves, 21 de febreiro do 2008 Marcus Fernández


Explicación do novo AdSense for video

Google quere rendibilizar a súa compra de YouTube e comeza a integrar publicidade nos vídeos nunha etapa de probas do servizo que se coñecerá coma AdSense for video, que permitirá ós creadores de vídeos a posibilidade de achegar ingresos das súas obras.
A novo sistema publicitario pretende continuar coa política non intrusiva da publicidade de Google, de xeito que os anuncios non interrumpirán o visionado de vídeos, senón que se presentarán a xeito de sobreimpresións coas que o usuario poderá interactuar.
Google tamén está a negociar con outros servizos de vídeo na web para que empreguen a súa plataforma publicitaria.
Na web de Google tamén se poden ver algúns exemplos de publicidade en vídeo, para que se poidan ir coñecendo os formatos que poderán xeneralizarse en breve.