Google estrea perfÃs para xestionar a nosa identidade dixital
mércores, 22 de abril do 2009
Para facilitar a
localización persoal na web, nun momento no que a xente tende a ter a súa
propia identidade dixital repartida entre distintos servizos coma redes sociais
ou almacéns de imaxes e vÃdeos, Google permite a creación de perfÃs persoais nos que o usuario
pode incorporar información básica que permite identificalo, coma o seu
enderezo, números de teléfono, enderezo de correo electrónico, fotografÃas e
ligazóns, permitindo
un certo control sobre a imaxe persoal, o que se reflectirá nos
resultados de buscas de Google (actualmente só operativo para nomes
estadounidenses).
A información recollida en cada perfil estará dispoñible de xeito parcial na
web, de xeito que só os usuarios autorizados poden acceder á información de
contacto (podendo activar a opción de recibir correos electrónicos sen publicar
o noso enderezo) acadando un equilibro entre a protección da intimidade e a presenza
na web.