Google facilita a importación/exportación de bitácoras en Blogger
luns, 12 de xaneiro do 2009
Facer copias de
seguridade ou mudar de servidor un blog é unha tarefa que en moitos casos
resulta bastante complexo, de aà que naza o proxecto
Google Blog Converters,
dende o que desenvolven en Python unha serie de scripts que se poden executar no noso equipo ou a través de versións
en liña hospedadas no Google App Engine e que fai doada a migración de blogs de
Blogger a MovableType, Wordpress ou LiveJournal e viceversa, conservando
deseño, entradas en comentarios no proceso, polo que os usuarios non se ven asÃ
atados aos seus servizos de publicación de blogs actuais e teñen máis doada a
súa mudanza a plataformas alternativas.
Resulta curioso que dende
Google publiquen ferramentas que permiten que os seus usuarios actuais poidan
levar os seus blogs á competencia, aÃnda que ao ter en conta que
tamén permiten o proceso contrario quedará por ver se gañan ou perden usuarios
con este proxecto.

