Google incrementa as súas opcións de busca
mércores, 13 de maio do 2009
Google presentou
durante o vento Searchology unha serie de novas ferramentas para o seu servizo
de busca web, entre as que destaca a posibilidade de despregar
á esquerda dos resultados de busca unha serie de opcións que permiten
limitar os resultados segundo o tipo de contido (imaxes, vÃdeos, comentarios en
foros, análises de produtos…) ou a súa data de publicación, podendo tamén
elixirse entre novos modos de presentación: buscas relacionadas (que suxire
novas consultas), Timeline (que sitúa os resultados no tempo) e unha orixinal Wonder Wheel, que distribúe buscas
relacionadas en nodos (presentados graficamente) polos que podemos navegar para
chegar a distinta información publicada na web dun xeito bastante curioso.
Google tamén incorpora aos resultados de busca elementos que chama snippets e que permiten dar información
de utilidade como amosar valoracións dos clientes de restaurantes ou o seu
rango de prezos (algo que polo momento só está
visible para uns poucos establecementos, coma o Drooing Dog Bar B Q, do que
podemos ver que ten puntuacións
positivas en Yelp.com sen ter que visitar tal web). Esta nova
funcionalidade medrará segundo os responsables de certas páxinas web vaian
adaptando certos estándares e microformatos que permitan a Google achegar a súa
información para tela en conta nos resultados de busca (e que Google pretende
aproveitar para mellorar as buscas de crÃticas, perfÃs persoais, negocios e
produtos).
Os asistentes a Searchology tamén puideron ver un adianto do que será Google Squared, buscador
que en vez de atopar páxinas web sobre un tema, localizará e organizará feitos
a través da Internet, e que poderÃa chegar ao público a finais de mes.
VÃdeo de presentación das novas funcións de busca de Google
