Google permitirá o uso da súa infraestrutura a aplicacións web alleas
martes, 8 de abril do 2008
Google abriu en probas o seu motor de
aplicacións, de xeito que os desenvolvedores de aplicacións web poderán
empregar a infraestrutura de Google para a súa implantación.
Google App Engine será de balde
inicialmente (para
os 10.000 primeiros usuarios) cun uso de recursos limitado, para que no
futuro os desenvolvedores poidan contratar maior capacidade.
Nesta fase previa de funcionamento de Google App Engine os
desenvolvedores poderán facer uso de 500 Mb de almacenamento, 200 M megaciclos
de CPU ao dÃa e 10 Gb de transferencia diaria.
A plataforma para aplicacións de
Google permitirá desenvolver páxinas web dinámicas, contará con almacenamento
persistente, terá un escalado
e balanceo de carga automático para mellorar a dispoñibilidade das
aplicacións e permitirá a autentificación de usuarios mediante a API de Google.
