Google presenta un servizo de buscas personalizadas para as PEME

xoves, 19 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Exemplo de integración do novo servizo de busca de Google

Para diversificar as súas fontes de ingresos Google estrea un sistema personalizado de buscas para as PEME que permite ás empresas instalar nas súas webs unha barra de busca que funciona coma Google, pero que permite guiar ós clientes a través dos seus produtos, podendo modificar a súa aparencia para achegarse á imaxe corporativa.
A instalación desta nova ferramenta apenas leva 10 minutos, e o seu prezo e de 100 dólares para webs cun volume de 500 páxinas ata os 500 dólares que debería pagar unha empresa cun máximo de 50.000 páxinas.
As vantaxes que a Google Custom Search Business Edition presenta para as pequenas empresas son as seguintes:

  • O motor de busca está hospedado por Google, de xeito que non se precisa desta tecnoloxía no servidor web
  • Cóntase coa dispoñibilidade e potencia das infraestruturas de Google
  • Precisión nos resultados
  • Personalización completa mediante unha API XML
  • Informes para ter unha visión sobre o comportamento dos visitantes
  • Opción de contar con soporte telefónico e por correo electrónico
  • Poder elixir se contar ou non con publicidade