Google quere mellorar a súa percepción social a través do audiovisual
martes, 6 de maio do 2025
Google vén de poñer en marcha 100 Zeros, un proxecto audiovisual desenvolvido en colaboración con Range Media Partners, co obxectivo de financiar e producir filmes e series tanto de ficción como documentais, deixando claro a compañÃa de que non se trata dun novo estudio. A través desta iniciativa, a compañÃa busca promover a adopción das súas tecnoloxÃas máis recentes e mellorar a percepción pública da marca, especialmente entre as audiencias mozas.
A empresa non só aspira a mostrar produtos como Android, Circle to Search ou ferramentas de realidade aumentada de forma natural nos contidos, senón tamén a influÃr na cultura popular a través da narrativa audiovisual. Segundo un portavoz de Google, pretenden colaborar coa industria de Hollywood «de maneira reflexiva e produtiva» e explorar as posibilidades da tecnoloxÃa mediante a narración creativa.
- Cuckoo é unha das primeiras producións de 100 Zeros
100 Zeros xa deu os seus primeiros pasos apoiando a promoción de Cuckoo, un filme de terror independente de Neon protagonizado por Hunter Schafer. Ademais, lanzou a iniciativa AI On Screen, que encarga curtametraxes sobre intelixencia artificial co obxectivo de converter algunhas en longametraxes. Un exemplo é Sweetwater, unha historia sobre o fillo dunha celebridade que descobre unha IA vinculada ao legado da súa nai.
AÃnda que non se centra no product placement, Google ve con bos ollos que nos proxectos se amosen teléfonos Android en lugar de iPhones, sempre que sexa de forma orgánica. Esta estratexia busca competir coa forte implantación de Apple entre a xeración Z (especialmente nos EE.UU.).
En canto á distribución, sorprendentemente 100 Zeros non utilizará YouTube como canle principal. Pola contra, procurará vender os proxectos a estudios e plataformas como Netflix.
O equipo de 100 Zeros inclúe profesionais con experiencia en Hollywood, como Penny Lin, Casey Durant e Tony Nguyen, baixo a coordinación de Rachel Douglas (Range) e Jonathan Zepp (Google). Range Media achega a infraestrutura e talento, mentres que Google mantén o financiamento e a estratexia tecnolóxica.
Tamén cómpre lembrar que o nome escollido para esta iniciativa non é accidental, xa que o número composto por un 1 seguido dun cento de 0 é o coñecido como gúgol, que foi o que inspirou o nome da compañÃa de Mountain View.
Esta incursión de Google no mundo do audiovisual prodúcese nun momento no que outras marcas tamén apostan por crear contido de entretemento para chegar a públicos difÃciles de captar mediante a publicidade tradicional.