Google quere universalizar as súas buscas na Rede

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

Google experimenta coas buscas xeográficas.Google está a diversificar constantemente os seus ámbitos de busca, de xeito que ten buscadores de vídeo, de imaxes, en libros, de mapas... e agora anuncia o que chama Google Universal Search, ou sexa, que integra varios dos seus buscadores evitando que os usuarios teñan que ir dun buscador a outro para atopar os contidos que lles interesan, amosando as novidades á prensa nun evento coñecido coma Searchology.
Ata o momento as novas funcionalidades están en probas, pero dende Google aseguran que as irán integrando de xeito paulatino no seu sistema. Polo momento, os usuarios da versión norteamericana do buscador xa comezan a ver estes cambios, pero a compañía non para de experimentar en novos xeitos de buscar na Rede, e agora permiten ós usuarios achegarse ós mesmos a través dunha sección de buscas experimentais, entre as que está a busca cronolóxica ou a busca no mapa.

PUBLICIDADE