Google quere utilizar por defecto o seu servizo de suxestión de buscas
martes, 26 de agosto do 2008

- Google Suggest en acción na súa versión en inglés
A web principal
de Google resÃstese á incorporación de novidades en virtude da súa
simplicidade, pero nestes momentos dende o buscador están
a sacar dos seus laboratorios o servizo de suxestións de busca para incorporalo
na web principal, o que facilita a vida dos usuarios á hora de teclear
as súas buscas.
Deste xeito, cando comezamos a escribir unha busca no formulario de Google a
propia web irá presentando en pantalla distintas opcións que nos permite
teclear máis rápido (pois funcionan como atallos), evitar os erros tipográficos
(xa que presenta as palabras finais completas) e axudando a formular as
consultas (pois o sistema suxire posibles buscas coas palabras introducidas).
Esta novidade leva en probas dende 2004, e actualmente xa se aplica na barra de
busca do Firefox, en terminais coma o iPhone ou as BlackBerry e en outros
servizos de Google, aÃnda que a súa implantación é desigual xeograficamente (polo momento parece que non chegou ás versións en español e galego).
