Grand Theft Auto IV contará cunha impresionante edición especial

mércores, 27 de xuño do 2007 Marcus Fernández

En outubro chegará unha nova entrega do GTA, unha das sagas de máis éxito de Rockstar Games, que sairá para PlayStation 3 e Xbox 360, e que por 30 dólares adicionais permitirá ós seus incondicionais a facerse cunha edición especial.
Así, Grand Theft Auto IV contará cunha edición que custará 89,99 dólares en EE.UU. e que incluirá un libro de arte (con imaxes da produción do xogo), un CD cos mellores temas da banda sonora (exclusivos desta edición), un chaveiro, un bolso e unha caixa de seguridade (como as que teñen nos bancos).

PUBLICIDADE