Grand Theft Auto V e Call of Duty: Modern Warfare II chegan ao Game Pass

martes, 15 de abril do 2025 Marcus Fernández

Xa coñecemos a listaxe de xogos que formarán parte da segunda vaga do mes de abril no Game Pass, dos que xa están dispoñibles títulos tan relevantes como o incombustible Grand Theft Auto V e o familiar Bob Esponja: El juego de Patricio Estrella, ambos dispoñibles en consola, PC e nube, e aos que acompañan esta semana outros títulos menos importantes como Neon White, Crime Scene Cleaner e Tempopo.
Para a vindeira semana teremos outros xogos pouco coñecidos, como Clair Obscur: Expedition 33 e Towerborne (que chegará como Game Preview); rematando o mes con un título de moito peso, Far Cry 4, que poderá xogarse en consola, PC e nube. Esa mesma semana, pero xa o 1 de maio, chegarán Anno 1800 e Call of Duty: Modern Warfare II (continuando a oferta de xogos desta franquía para subscritores do Game Pass). Xa o 5 de maio chegará tamén o xogo Dredge, para Xbox Series X|S, PC e nube.