Grand Theft Auto VI poderÃa facturar máis de 3 mil millóns de dólares o primeiro ano
venres, 3 de xaneiro do 2025
AÃnda que a industria do videoxogo estea a pasar por un momento crÃtico pola volta á normalidade tras a pandemia (o que está a provocar numerosos despedimentos e peches de estudios) o sector está esperanzado ante o lanzamento dunha nova entrega de Grand Theft Auto en 2025, poñéndose sobre a mesa unhas previsións económicas de auténtico infarto.
Aseguran que Grand Theft Auto VI chegará no outono a consolas PlayStation e Xbox cunhas reservas que poderÃan superar os 1.000 millóns de dólares en facturación, pechándose o ano cunha facturación de 3.000 millóns de dólares, superando claramente a calquera outro produto cultura.
Coa estimación duns ingresos de 3.200 millóns de dólares en 12 meses Grand Theft Auto VI superarÃa os ingresos das grandes producións cinematográficas, e incluso superarÃa os resultados dos dous grandes éxitos de 2024 xuntos: Del Revés 2 e Deadpool y Lobezno.
O feito de que o tráiler de Grand Theft Auto VI superase os 231 millóns de reproducións e teña preto dun millón de comentarios deixa claro que o interese polo vindeiro grande xogo de Rockstar Games é moi importante, aÃnda que iso tampouco é ningunha sorpresa se temos en conta o éxito de Grand Theft Auto V, que non só tivo boas vendas cando se lanzou en 2013 para Xbox 360 e PlayStation 3, senón que tamén repetir boas cifras nas súas revisión para as dúas seguintes xeracións de consolas, manténdose aÃnda hoxe como un dos xogos máis vendidos de cada mes.
Tráiler de Grand Theft Auto VI