Grounded 2 inicia o seu acceso anticipado
mércores, 30 de xullo do 2025
Grounded 2 xa está dispoñible a través de Xbox Game Preview para Xbox Series X|S, PC e nube con Xbox Game Pass, e tamén en acceso anticipado en Steam. Esta secuela é compatible con Xbox Play Anywhere e admite gardado cruzado, polo que podes continuar a túa partida sen interrupcións desde consola, PC ou nube.
Neste novo capÃtulo, os xogadores volverán encollerse para explorar Brookhollow Park, un escenario familiar que agora se presenta enorme, imprevisible e, quizais, máis perigoso ca nunca. Pódese xogar en solitario ou en cooperativo con amigos e percorrer este mundo descoñecido no buggy mentres se constrúe, loita e sobrevive nun contorno onde todo é xigante... e algo observa.
Para conmemorar a chegada do novo vehÃculo buggy e o impresionante escenario de Brookhollow Park, Xbox presentou un peluche de formiga vermella de máis de tres metros, que sortea entre a comunidade.
O estudio reafirma o seu compromiso coa accesibilidade, incluÃndo desde o inicio ferramentas como o modo seguro para aracnofobia, opcións para daltónicos, narración de textos, personalización de subtÃtulos, retÃculas axustables e configuracións de control. Estará dispoñible en múltiples idiomas, incluÃdos castelán e español latinoamericano, con máis idiomas por engadir no futuro.
Tráiler do acceso anticipado do xogo
