Guitar Hero chegará ós móbiles este ano

venres, 26 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Hands-On Mobile levou ó congreso CTIA Wireless a versión móbil do xogo Guitar Hero, que podería levar a guitarra eléctrica virtual tan popular las consolas de videoxogos domésticas á palma da man dos usuarios de telefonía móbil.
Guitar Hero Mobile está baseado en Guitar Hero 3 e na súa versión 3D para móbiles permite empregar a dous personaxes (Axel Steel e Judy Nails), catro guitarras e tocar 15 cancións, aceptándose subscricións que permitirán a recepción de 3 novas cancións ó mes.
Para facer máis doado o uso do xogo pásase de 5 botóns nunha guitarra virtual a 3 botóns o teclado do móbil, conservando boa parte do atractivo visual e sonoro do xogo orixinal, e que sairá para móbiles antes de rematar o ano.

PUBLICIDADE