HBO Max sube de prezo en España
martes, 13 de xuño do 2023
O rÃo das plataformas
de streaming continúa revolto, e non precisamente a favor dos consumidores,
como constata HBO Max, que vén de subir o seu prezo mensual en España de 8,99 a
9,99 euros, suba de prezos que tamén se aplican aos consumidores que
aproveitaron a promoción de relanzamento coa que gozan dun 50% de desconto
(polo que experimentarÃan
unha suba de prezo de 50 céntimos). En contraste, a tarifa de 69,99
euros/anos non muda de prezo.
A suba de prezo non vén acompañada de melloras nas aplicacións nin no catálogo
do servizo e, de feito, espérase que empeore a súa oferta de contidos durante
os vindeiros meses por mor dos adiamentos provocados pola folga de guionistas en
EE.UU. e polos recortes que está a facer Warner para facer viable o negocio do
streaming.
