Halo 2: Anniversary estrea versión para PC

mércores, 13 de maio do 2020 Marcus Fernández

A recompilación de xogos The Halo: The Master Chief Collection continúa coa súa renovación paulatina para incorporar a nova edición para PC do xogo Halo 2: Anniversary, de xeito que este grande clásico está por fin dispoñible para subscritores do Xbox Game Pass para PC ou para os que quixesen mercar este lote de xogos a través da tenda de Microsoft ou de Steam.
Halo 2: Anniversary é unha remasterización do Halo 2 que en 2004 veu a luz para a Xbox orixinal e que tras a súa estrea conseguiu manterse un par de anos como o xogo máis popular de Xbox LIVE, e que actualizouse para poder gozar de gráficos en ultra alta definición e velocidades de refresco de máis de 60 imaxes por segundo.
Ao estarmos ante un xogo que agora tamén funciona en ordenadores persoais, polo que permite empregar rato e teclado como sistema de control, así como configuracións de pantalla ultrapanorámicas, adaptándose así aos gustos de numerosos xogadores.
Neste momento a The Master Chief Collection ten versións para PC as dúas primeiras entregas de Halo e de Halo: Reach, de xeito que no que resta de ano irán chegan as adaptación de Halo 3, Halo 3: ODST e Halo 4.

PUBLICIDADE