Halo 2 terá versión para Windows Vista en xuño
martes, 22 de maio do 2007
O vindeiro dÃa 8 de xuño os usuarios de ordenadores
co sistema operativo Windows Vista poderán mercar unha nova versión do xogo Halo 2, que pasa
asà da plataforma Xbox LIVE á nova Games for
Windows LIVE.
A secuela de Halo inclúe 23 mapas multixogador, un editor de mapas e contidos
exclusivos e se venderá en España a 54,95 euros. O novo xogo tirará asÃ
proveito das prestacións dos últimos ordenadores persoais, que son comparables
coas máis avanzadas consolas de videoxogos, e permite tanto xogar en rede como
de xeito individual, destacando o feito de que non só se poderá xogar a través
dos servidores de Microsoft senón que os xogadores tamén poderán empregar
servidores propios.