Halo 3 aparece na Internet antes do seu lanzamento oficial
venres, 21 de setembro do 2007
A vindeira semana será o lanzamento mundial do
agardado xogo Halo 3, que será o tÃtulo
que sen dúbida dará un importante pulo á plataforma Xbox 360, pero que está a
atopar os tÃpicos atrancos debidos á piraterÃa. AsÃ, nos pasados dÃas algún
desconsiderado subiu a YouTube un vÃdeo de 6 minutos cea
escena final do xogo e agora parece que hai unha copia ilegal circulando
pola Rede.
|
Pero o xogo non só se está a filtrar antes do seu lanzamento a través da
Internet, senón que mesmo unha
tenda de Reino Unido non respectou a data de lanzamento do xogo, e o puxo á
venda prematuramente, polo que non debe de sorprender que nas webs de poxas
aparezan unidades orixinal á venda (aÃnda que a prezos elevados).
Parece que as unidades británicas son as que provocaron a filtración á Rede do
xogo, pois a copia que circula é da versión PAL (europea) e, aÃnda que algúns
dos ficheiros que circulan pola Internet son fakes (non son realmente o xogo), a copia de 7,2 Gb
acreditada por un grupo chamada Paradogs parece real.
Agardemos que todos estes problemas non eclipsen o que será o lanzamento do
ano, non só no sector dos videoxogos, senón de toda a industria do lecer (xa
conta con 1,2 millóns de reservas en todo o mundo).