Halo 3 convértese na estrea dun produto de lecer máis forte da historia
xoves, 27 de setembro do 2007- Bill Gates fixo entrega dunha copia de Halo 3 ó primeiro comprador
Como xa pasou co Halo 2, a terceira entrega das
aventuras do Master Chief arrasou nos
EE.UU., superando en recadación a Spider-Man 3 cuns 170 millóns de dólares
(fronte ós 151 millóns da primeira fin de semana da pelÃcula da Marvel) o que
non só supón unha boa nova para a venda de xogos, senón tamén para o de
consolas, pois o Halo 3 poderÃa ser o
xogo que dese o pulo que lle faltaba á Xbox 360.
Microsoft
anunciou que antes de que abrise ningunha tenda xa estaban vendidas 1,5 millóns
de copias do xogo grazas ás compras anticipadas, superando a marca
anterior, e convertendo o lanzamento de Halo 3 en todo un fenómeno nos EE.UU.,
onde se formaron grandes colas. O xogo venderase en 37 paÃses e estará
dispoñible en 17 idiomas, o que incrementan tamén as posibilidades de éxito
deste produto que continuar a rachar cos records
de vendas, o que xa é habitual na súa saga.
- O propio Master Chief facÃa garda nas colas norteamericanas para mercar o novo xogo
Pero que Halo 3 tivese unha estrea máis forte que o último libro de Harry Potter ou a última pelÃcula de Spider-Man non é o único a subliñar neste momento, senón que tamén se notou no xogo en rede, xa que a plataforma Xbox Live rexistrou máis de un millón de xogadores que se conectaban para xogar ó novo videoxogo, converténdose no dÃa máis activo da historia da rede de xogo en liña de Microsoft.