Halo 3 terá unha versión de proba para o ano que vén
luns, 20 de novembro do 2006
A serie de xogos de Halo xa ten 5 anos de vida, polo que Microsoft decidiu celebralo anunciando o lanzamento dunha demo pública do Halo 3 para Xbox 360 para a primavera de 2007, xunto con novos contidos descargables e mapas para Halo 2, de xeito que manterán a fidelidade dos seus seguidores á espera do lanzamento do novo xogo que se anunciará na televisión norteamericana o vindeiro 4 de decembro, de xeito que crearán toda unha expectación polo videoxogo, que se poderá xogar en rede a través de Xbox Live antes incluso de que se venda o xogo finalizado.
Teremos asà que Halo 3 vai ser un dos produtos máis agardados do vindeiro ano, por contar cunha promoción de calidade e un trailer que promete ser impresionante, e que se poderá descargar dende o Bazar de Xbox Live.